Fai unhas semanas, vimos na aula, como complemento para esta asignatura, a película Ex-Machina, un filme de ciencia ficción británico do 2015 escrita e dirixida por Alex Garland. Adquire ademais a clasificación de thriller e drama. Nas principais páxinas de cine, FilmAffinity e IMDb, obtivo unha puntuación de 7,1 e 7,7 (ambas sobre dez) respectivamente.
Nathan, un programador e creador de robots, selecciona a Caleb para que pase uns días xunto con el nunha casa no medio das montañas, para realizar o test de Turing a Ava, a súa última
creación tecnolóxica. Despois de varios días de conversa entre ambos, Caleb remata sentindo cariño por Ava. Esta comeza a sentir como un ser humano ata o punto de que se releva contra o seu creador para poder ser libre.
O principal tema que trata a película é a intelixencia artificial, e o punto ata que esta pode chegar a ser tan igual que a nosa que nos poida confundir, e poidamos expresar os nosos sentimentos como se dun ser humano se tratase. Polo que a pregunta que xurde ao falar disto, é se, cos avances tan bruscos, drásticos e veloces que está a sufrir a tecnoloxía hoxe en día, poderemos ter unha intelixencia artificial que semelle a un ser humano. Penso que para responder a isto, non se debe dicir o primeiro que penses, creo que hai que recapacitalo, pois unha intelixencia artificial, pode tapar unhas carencias dos seres humanos, pero sempre vai haber algo que faga a esta IA incompleta, pois esta non terá todas as características como para imitar a un ser humano ao 100%.
Cal é a relación presente e ftura, ao teu xuizo, entre a evolución do mercado laboral e o desenvolvemento da robótica, automatización e as IAs?
Penso que é un problema grave que se debería correxir. Por unha banda, o progeso tecnolóxico é beneficioso e mellor para o ser humano, aínda que na hora de desenvolver máquinas e que fagan un traballo por unha persona non o é, pois unha máquina, pode traballar as 24 horas do día, por un custe relativamente baixo, aspectos que un ser humano nunca vai cumplir, polo que para as grandes empresas é mellor, para elas, ter unha alta porcentaxe de robotica e de IAs que fagan o traballo de moitas personas, polo que non necesitarían tantos traballadores, aforrarían o seu soldo e habería unha porcentaxe máis alta de paro. Isto ocorre en moitos hipermercados, presentan caixas autocobro onde os clientes realizan os traballos das caxeiras, polo que o índice de traballadores nese hipermercado será baixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario