viernes, 28 de abril de 2017

Último día e volta cara Vigo!!

Saímos a iso das dez e media once da mañá cara o Museo de la Evolución Humana (fotografía da esquerda), na que complementamos todo o que habíamos aprendido o día anterior na Serra de Atapuerca, a verdade que deste museo impresionoume todo e gustoume moito máis que o Guggenheim, pois este, ainda que esta relacionado con Historia e Antropoloxía, ten a súa relación coa ciencia e coa bioloxía, polo estudo dos fósiles, o paleomagnetismo para datalos, o estudo do cerebro, o traballo de Darwin, etc. Ao rematar esta visita, fumos cara o bus, e despois de comer, fixemos a nosa última visita, a Vila romana La Olmeda, unha visita na que se mostraba como era unha vila romana, como era a sua distribucion, decoración, etc. Creo que o malo desta visita, foi que era o ultimo día, estabamos cansos e o que queríamos era chegar a Vigo, polo que se fixo un pouco pesada por estes factores. Xa ao rematar, saímos cara Vigo, e chegamos ao instituto a iso das once da noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario