viernes, 28 de abril de 2017

Segundo día en Bilbao!!

Despois de almorzar as 9 da mañá para coller forzas para o longo dia que nos agardaba, dirixímonos cara o Museo Guggenheim, sen duda algunha, un dos sitios que tes que visitar se vas a Bilbao. Saímos do albergue, e fomos a pé ata alí para observar as súas rúas, e ver detidamente o gran cambio que sufriu Bilbao, para pasar de ser unha cidade industrial, a chegar a ser a cidade que é hoxe en día. O que máis me impresionou deste paseo foi, como nos comentaban, a delicadeza coa que se construíron cada un dos edificios e pontes, de forma que pudieras ver todo Bilbao, a súa innovación e a súa natureza. Unha vez chegamos ao Guggenheim, entramos, e fixemos todo o recorrido para velo, a verdade, foi un museo que me impresionou, pero máis ven no seu diseño exterior e na súa forma, pois nas obras, aínda que había algunhas interesantes, a maioría non as entendía.
Xa pola tarde, visitamos La Alhóndiga, un antigo almacén que se recuperou para a cidadanía. Presenta un total de 43 columnas cada unha cun diseño único e diferente. Unha das cousas que máis chaman a atención é a piscina que se atopa por enriba do pasillo central do almacén, e podes ver a todas as personas que están a nadar nese momento. Xa por ultimo, visitamos a Ponte de Bizkaia, declarada patrimonio da Humanidade. O que máis me impresionou foi a diferencia de alturas, pois dende o chan non parecía tan alto a ponte, pero unha vez que subías, impresionaba as vistas que había dende alí arriba. Por ultimo volvemos a Bilbao e procuramos para ir a cenar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario