viernes, 28 de abril de 2017

Visita a Atapuerca e Burgos

    Saímos as 9 da mañá cara a Serra de Atapuerca, alí, un guía ensinounos e explicounos os distintos obradoiros que tiñan, de lume, de caza, de pintura.. O que máis me chamou a atención foi o do lume, pois os nosos antepasados, para sobrevivir, tiveron que facer o traballo que fixo o guía para conseguir lume e poder cociñar os seus alimentos. Tamén me gustou o da caza, pois a través de razoamentos lóxicos, sabía que tipo de instrumentos eran os adecuados para cazar, e foi evoluacionando ata chegar ao arco e as frechas. Despois disto, fomos ao parque arqueolóxico, onde vimos o lugar de traballo de moitos arqueólogos, onde se atoparon os restos óseos de seres humanos, máis antigos e mñais completos de todo o mundo. Ensinaronnos os métodos para datar un fosil e saber a súa antigüidade, e os pasos que seguían para estudar un resto, e saber a idade desa persoa, de que se alimentaban, como era a súa vida, etc. Despois de comer, saímos cara Burgos, e fumos visitar a Cartuja de Miraflores, un monasterio moi importante en Burgos, que despois das boas explicacións do guía, fixo do monasterio, dun sitio que eu recomendaría para visitar. E o mesmo sucedeu na catedral, pois se fora eu solo, non me decataría de rodas as cousas que aprendín dela, as súas partes, a súa planta, os elementos decorativos que presenta, o seu estilo gotico característico e inconfundible, etc. Finalmente, dimos un paseo por Burgos e voltamos ao hotel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario