martes, 20 de junio de 2017

Viaje por la Bouza!!!

O ultimo traballo deste ano, foi a edición un video na Bouza, un parque moi preto do noso instituto que ten un gran valor para o barrio, e é moi característico de Coia. Fixeno xunto con Iria Pena e Silvia, esperamos que vos agrade, deixade as vosas opinións nos comentarios!!!

sábado, 27 de mayo de 2017

Ex-Machina

Fai unhas semanas, vimos na aula, como complemento para esta asignatura, a película Ex-Machina, un filme de ciencia ficción británico do 2015 escrita e dirixida por Alex Garland. Adquire ademais a clasificación de thriller e drama. Nas principais páxinas de cine, FilmAffinity e IMDb, obtivo unha puntuación de 7,1 e 7,7 (ambas sobre dez) respectivamente.
Nathan, un programador e creador de robots, selecciona a Caleb para que pase uns días xunto con el nunha casa no medio das montañas, para realizar o test de Turing a Ava, a súa última
creación tecnolóxica. Despois de varios días de conversa entre ambos, Caleb remata sentindo cariño por Ava. Esta comeza a sentir como un ser humano ata o punto de que se releva contra o seu creador para poder ser libre.

viernes, 28 de abril de 2017

Último día e volta cara Vigo!!

Saímos a iso das dez e media once da mañá cara o Museo de la Evolución Humana (fotografía da esquerda), na que complementamos todo o que habíamos aprendido o día anterior na Serra de Atapuerca, a verdade que deste museo impresionoume todo e gustoume moito máis que o Guggenheim, pois este, ainda que esta relacionado con Historia e Antropoloxía, ten a súa relación coa ciencia e coa bioloxía, polo estudo dos fósiles, o paleomagnetismo para datalos, o estudo do cerebro, o traballo de Darwin, etc. Ao rematar esta visita, fumos cara o bus, e despois de comer, fixemos a nosa última visita, a Vila romana La Olmeda, unha visita na que se mostraba como era unha vila romana, como era a sua distribucion, decoración, etc. Creo que o malo desta visita, foi que era o ultimo día, estabamos cansos e o que queríamos era chegar a Vigo, polo que se fixo un pouco pesada por estes factores. Xa ao rematar, saímos cara Vigo, e chegamos ao instituto a iso das once da noite.

Visita a Atapuerca e Burgos

    Saímos as 9 da mañá cara a Serra de Atapuerca, alí, un guía ensinounos e explicounos os distintos obradoiros que tiñan, de lume, de caza, de pintura.. O que máis me chamou a atención foi o do lume, pois os nosos antepasados, para sobrevivir, tiveron que facer o traballo que fixo o guía para conseguir lume e poder cociñar os seus alimentos. Tamén me gustou o da caza, pois a través de razoamentos lóxicos, sabía que tipo de instrumentos eran os adecuados para cazar, e foi evoluacionando ata chegar ao arco e as frechas. Despois disto, fomos ao parque arqueolóxico, onde vimos o lugar de traballo de moitos arqueólogos, onde se atoparon os restos óseos de seres humanos, máis antigos e mñais completos de todo o mundo. Ensinaronnos os métodos para datar un fosil e saber a súa antigüidade, e os pasos que seguían para estudar un resto, e saber a idade desa persoa, de que se alimentaban, como era a súa vida, etc. Despois de comer, saímos cara Burgos, e fumos visitar a Cartuja de Miraflores, un monasterio moi importante en Burgos, que despois das boas explicacións do guía, fixo do monasterio, dun sitio que eu recomendaría para visitar. E o mesmo sucedeu na catedral, pois se fora eu solo, non me decataría de rodas as cousas que aprendín dela, as súas partes, a súa planta, os elementos decorativos que presenta, o seu estilo gotico característico e inconfundible, etc. Finalmente, dimos un paseo por Burgos e voltamos ao hotel.

Segundo día en Bilbao!!

Despois de almorzar as 9 da mañá para coller forzas para o longo dia que nos agardaba, dirixímonos cara o Museo Guggenheim, sen duda algunha, un dos sitios que tes que visitar se vas a Bilbao. Saímos do albergue, e fomos a pé ata alí para observar as súas rúas, e ver detidamente o gran cambio que sufriu Bilbao, para pasar de ser unha cidade industrial, a chegar a ser a cidade que é hoxe en día. O que máis me impresionou deste paseo foi, como nos comentaban, a delicadeza coa que se construíron cada un dos edificios e pontes, de forma que pudieras ver todo Bilbao, a súa innovación e a súa natureza. Unha vez chegamos ao Guggenheim, entramos, e fixemos todo o recorrido para velo, a verdade, foi un museo que me impresionou, pero máis ven no seu diseño exterior e na súa forma, pois nas obras, aínda que había algunhas interesantes, a maioría non as entendía.
Xa pola tarde, visitamos La Alhóndiga, un antigo almacén que se recuperou para a cidadanía. Presenta un total de 43 columnas cada unha cun diseño único e diferente. Unha das cousas que máis chaman a atención é a piscina que se atopa por enriba do pasillo central do almacén, e podes ver a todas as personas que están a nadar nese momento. Xa por ultimo, visitamos a Ponte de Bizkaia, declarada patrimonio da Humanidade. O que máis me impresionou foi a diferencia de alturas, pois dende o chan non parecía tan alto a ponte, pero unha vez que subías, impresionaba as vistas que había dende alí arriba. Por ultimo volvemos a Bilbao e procuramos para ir a cenar.

Emprendemos a viaxe!!!


    O pasado 4 de abril de 2017 comezamos a tan ansiosa viaxe a Bilbao que levábamos agardando durante todo ano. Saímos as 7 da mañá do bus, e tras unha parada e unhas catro ou cinco horas de viaxe chegamos a nosa primeira visita, a Igrexa de San Martín de Frómista (1ª foto) en Palencia, actividade que me agradou moito, pois nun primer lugar só veias as columnas (por exemplo), pero logo da explicación do guía, aprendías a observar os relieves e debuxos representados doutra forma. Logo de comer entorno a vila, fomos a Igrexa de Santa María del Castillo, cunha gran explicación moi completa que xogaba coas novas tecnoloxías empregando os altofalantes e os xogos coas luces (por exemplo, mostrando como se unha persoa, debuxada coas luces, falaba). O que me impresionou foi a gran coordinación e o traballo que hay detrás dese espectáculo, para cadrar todos os tempos. as luces, os sons, etc. aínda que considero que a visita en xeral foi un pouco aburrida, pois había moitos datos históricos e literarios. despois de ver o Canal de Castilla e entender a súa construcción, chegamos a Bilbao (2ª foto) a iso das sete, fumos dar un paseo polo casco historico e polo centro e fumos cenar, e o primeiro día de viaxe xa rematou, pero ainda quedan tres máis para disfrutar tanto como o fixemos hoxe.

martes, 14 de febrero de 2017

Adivina adivinanza...

Sabéis decir cuál es la siguiente película??? Dejad vuestra respuesta en los comentarios.